xoves, 28 de xaneiro de 2021

CONTOS A CARÓN DA LAREIRA. JESSICA


 Aquí tedes o video de Jessica que sae diferente aos demais por un problema de edición. Tanto ten. O importante é o ben que le Jessi. Parabéns

CONTOS A CARÓN DA LAREIRA. Yaiza


 Hoxe lle toca o turno a Yaiza. Esta rapazada de segundo moito colabora!!. Moitas grazas a todos e todas

martes, 26 de xaneiro de 2021

domingo, 24 de xaneiro de 2021

CONTOS A CARÓN DA LAREIRA. VICKI

 Hoxe Vicki cóntanos un conto moi especial. Faino de marabilla, non sí? Moitas grazas, Vicki,por colaborar con nós.



CONTOS A CARÓN DA LAREIRA. ANTÍA POMBO

 Hoxe Antía Pombo, de segundo nos le Maruxa.  Faino  xenial, a que sí? Moitas grazas por colaborar con nós.



CONTO A CARÓN DA LAREIRA.CAMILA

 Hoxe Camila contanos o seu conto favorito. Só cómpre dicir que o valor da língua é inesgotable e o esforzo de Camila inigualable. Moitas grazas Camila e familia.




CONTOS A CARÓN DA LAREIRA. ANA E ROMÁN.

 Aquí temos a primeira colaboración familiar. Ana, cóntanos un conto co seu fillo Román de 5º de infantil. Precioso. Estamos moi agradecidas. Espero que o disfrutedes tanto coma nós.




CONTOS A CARÓN DA LAREIRA. Lara

 Hoxe Lara de segundo enviounos un conto chulísimo. Ela ten bo xeito para contar os contos, querrá ser mestra?? voulle preguntar cando a vexa. moitas grazas Lara e familia por colaborar con nós.




martes, 19 de xaneiro de 2021

CONTOS A CARÓN DA LAREIRA. XIANA

 Xiana está en segundo de primaria e cóntanos " Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis".

Moitas grazas por colaborar con nós. Contas os contos coma ninguén.





domingo, 17 de xaneiro de 2021

CONTOS A CARÓN DA LAREIRA- JAVI

 JAVI está en terceiro da ESO. Leva sendo voluntario de lectura desde que estaba en quinto. Cando pasaron para a ESO seguiron a colaborar coa lectura aos mais pequenos nos seus recreos. Son os mellores.Sempre dispostos a colaborar. Grazas Javi.







CONTOS A CARÓN DA LAREIRA. OLALLA

 A Olalla pásalle como a Javi e Raúl, Leva sendo voluntario de lectura desde 5º. Xa sei que son os mellores alumnos do mundo. Xa o sei. Mirade que conto nos lé hoxe. Moitas grazas Olalla.

Parte 1


Parte 2



CONTOS A CARÓN DA LAREIRA. JUANMA

 Hoxe preséntovos a Juanma. Xa está en 3ºESO e leva colaborando como voluntario de lectura desde 5º de Primaria. Forma parte dun grupo moi colaborador de terceiro que sempre están dispostos a axudar. Que máis se pode pedir!!.

Moitas grazas Juanma.




CONTOS A CARÓN DA LAREIRA. SABELA

 Sabela está en segundo de primaria. Enviounos un conto chulísimo contado con moito estilo. Foi o primeiro que recibimos de segundo       (sempre está disposta a colaborar). Alguén de segundo que se anime?? Ollade para Sabela que conta os contos coma ninguén.


Moitas grazas Sabela





CONTOS A CARÓN DA LAREIRA. RAÚL




Raúl está en terceiro da ESO. Leva colaborando como voluntario de lectura nos seus recreos desde primeiro da ESO conmigo. Este ano, coas novas restriccións segue a facelo, esta vez desde a casa. Moitas grazas Raúl. Es un exemplo para moitos.



 

 

mércores, 13 de xaneiro de 2021

CONTOS A CARÓN DA LAREIRA. AFRICA


 Temos a sorte de ter colaboradores na ESO sempre  dispostos a botar unha man. Hoxe cóntanos un conto Kenia.


Moitas grazas Kenia pola túa colaboración.

Título: Animais de compañía



luns, 21 de decembro de 2020

CONTOS AO CARÓN DA LAREIRA!!! Mestra Noelia

 Comezamos unha nova actividade, "Contos ao carón da lareira", coa mestra  Noelia de 2º de Primaria. 



martes, 1 de decembro de 2020

CONTOS TERRORÍFICOS

 




VELAQUÍ TEDES O CONTO TERRORÍFICO DE 5º B. " A Picada" Espero que pasedes moito medo escoitándoo




E o conto de medo de 5º A,  de medo, de medo...non sei eu!! Pero pasamos un rato estupendo na gravación.



venres, 13 de novembro de 2020

11 de novembro - DÍA DO PEÓN

 Un ano máis, o 11 de novembro lembramos os xogos dos avós e avoas,celebrando o Día do Peón. Este ano a celebración foi un pouco diferente debido á situación sanitaria pero aínda así, O PEÓN SEGUE VIRANDO.